publicidade hoxe

A Deputación de Lugo dota aos veciños de Cervo de novas prestacións públicas con máis de 350.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLugo
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, supervisou este mércores as actuacións que financiou o Goberno da Deputación coa máis de 350.000 euros do Orzamento de 2016, dotando aos 4.300 veciños deste municipio de novas prestacións públicas.

O titular provincial, xunto ao Rexedor, comprobou os traballos da construción dun paseo peonil cara o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos para os que o Goberno da Deputación fixo unha primeira achega de 135.000 euros. Son unhas actuacións solicitadas polos veciños cos que Campos Conde se comprometeu, tendo en conta, ademais, os seus beneficios en impulso do turismo. Divídense en dúas fases. Estase a executar a primeira, polo que ata o momento se dotou á zona de puntos de luz.

O Goberno da Deputación dotou a Cervo de pistas de padle a través dun investimento de 92.637 euros. O Presidente e o Alcalde visitaron estas novas instalacións deportivas, que se sitúan dentro do recinto no que tamén se atopa o campo de fútbol.

Campos Conde e Villares Bermúdez mantiveron un encontro con veciños do núcleo da Pena, na parroquia de San Román, onde o Goberno da Deputación mellorou o sistema de saneamento, beneficiando directamente aos 100 veciños da zona, cunha achega de 45.650 euros. Tamén supervisaron a mellora e a ampliación da rede de alumeado público que se levou a cabo na Avenida Veiga que fai de acceso ao polígono de Cervo a través dos máis de 19.200 euros que achegou o Executivo Provincial.

Servizos Sociais e Emprego

Outros dos investimentos que o Goberno da Deputación achegou aos veciños de Cervo son os máis de 20.000 euros para a prestación do Servizo a Domicilio e de Teleasistencia, ambos os dous dirixidos a persoas non dependentes, pois estas son as que non atende a Xunta de Galicia. Son máis dunha trinta de maiores de Cervo aos que o Executivo Provincial ofrece estas prestacións sociais. A través do DEPUEMPREGO, o Executivo Provincial asume con máis de 37.000 euros os custos laborais da contratación de 5 desempregados lucenses. Son 5 as persoas que traballan de peóns no Concello, mellorando dotacións públicas municipais.

O Executivo Provincial achegou ademais aos veciños de Cervo máis de 20.000 euros para a organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas, que contribúen a dinamización económica e social deste Concello, ao tempo que se colabora co conxunto do tecido asociativo deste municipio.

27 de abril de 2017 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.