publicidade hoxe

A Consellería de Medio Ambiente comeza unha nova campaña de control da calidade do aire no porto de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe unha nova campaña de control da calidade do aire no Porto de Vigo, coa instalación dunha unidade móbil de calidade do aire.

A campaña consta de dúas partes e realízase anualmente desde 2012 por petición expresa da Autoridade Portuaria. Nunha primeira fase instalarase a unidade móbil en Bouzas, onde permanecerá dúas semanas e nunha segunda fase trasladarase ao molle de descarga, onde permanecerá durante outras dúas semanas.

Este dispositivo permitirá avaliar o impacto das achegas da actividade portuaria na calidade do aire, xa que conta con analizadores de SO2 (Dióxido de Sufre), NO2 (Dióxido de nitróxeno)/ NOx(Óxidos de nitróxeno), PM10 / PM2,5 (pequenas partículas en suspensión sólidas ou líquidas de po), O3 (Ozono), CO (Óxido de carbono) e benceno, que transmiten os seus datos a tempo real á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Unha vez finalizada a recompilación de datos, os técnicos da Consellería emitiran un informe para que a Autoridade Portuaria teña coñecemento da afección á calidade do aire das súas actividades, e de ser o caso, poida tomar as medidas oportunas.

25 de abril de 2017 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.