publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Ambiente busca estreitar lazos de colaboración coa Unión Internacional de Conservación da Natureza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleirosPortada dereita
A-
A+
A conselleira Beatriz Mato na reunión do consello. Foto: M. Fuentes

A conselleira Beatriz Mato na reunión do consello. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou esta mañá que o departamento que dirixe busca estreitrar novas colaboracións coa Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN), a organización máis importante a nivel mundial na materia, en igualdade co Goberno de España e con outras comunidade autónomas.

Mato Otero presidiu esta mañá a reunión do Consello de dirección do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), onde recordou que a UICN foi creada en 1948 e se ten convertido na rede ambiental máis grande e diversa do mundo. Animou a aproveitar a experiencia, os recursos e o alcance que poden ofrecer as máis de 1.300 organizacións que a integran, así como o coñecemento de máis de 16.000 expertos.

A conselleira destacou que Galicia ten un patrimonio natural que pode aportar moito e uns recursos naturais que esixen medidas para protexelos, polo que considerou unha oportunidade acceder ás seis comisións dedicadas á supervivencia das especies, o dereito ambiental, as áreas protexidas, as políticas ambientais, sociais e económicas, a xestión dos ecosistemas e a educación e formación.

Durante o encontro tamén se fixo un avance das actividades que se organizarán ao longo de 2017, entre as que destaca a nova Guía de recursos sobre os espazos naturais protexidos e Rede Natura, coa que se contará a finais de ano, na que está a traballar actualmente a Dirección Xeral de Patrimonio Natural e na que participa o Ceida. Asemade, manteranse actividades de sensibilización e educación ambiental nos ecosistemas fluvias- na que colabora Augas de Galicia-, e as actividades de dinamización do Observatorio Galego de Educación Ambiental e da Rede Galega de Reservas de Biosfera.

Por último, a conselleira destacou a consolidación do Ceida como referente medio ambiental, un reto que está avalado polas cifras recollidas ao longo de 2016, coa participación de 45.873 participantes en case 300 actividades, fronte aos 38.378 participantes do ano anterior.

19 de abril de 2017 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.