publicidade hoxe

Xuventude recoñece o traballo dos participantes no Servizo de voluntariado xuvenil en 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Cecilia Vázquez na entrega de diplomas. Foto: M. Fuentes

Cecilia Vázquez na entrega de diplomas. Foto: M. Fuentes

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña no acto de entrega de diplomas ás persoas voluntarias participantes nos 37 proxectos do Servizo de voluntariado xuvenil 2016 que se desenvolveron na provincia. Os proxectos, cunha duración comprendida entre 15 e 60 días, leváronse a cabo en 23 entidades de acción voluntaria e 14 concellos coruñeses, e contaron coa implicación directa de 265 voluntarias e voluntarios, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
As áreas de actuación con maior nivel de presencia voluntaria foron as desenvolvidas con mozos e colectivos en situación de risco. As actividades relacionadas co Camiño de Santiago, ambientais e de recuperación da cultura/artes e tradicións galegas foron obxecto igualmente da achega solidaria das persoas e entidades voluntarias participantes.

A Xunta de Galicia destinou no pasado ano un total de 375.000 euros a este servizo, dos que 175.000 foron destinados para entidades locais, e 200.000, para entidades de acción voluntaria, co obxecto de colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado e influír no desenvolvemento comunitario.

En cifras globais, referidas ao conxunto da nosa comunidade autónoma no programa Servizo de voluntariado xuvenil, participaron un total de 580 persoas voluntarias, 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria.

15 de marzo de 2017 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.