publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreiraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio no concello coruñés de Negreira, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes forestais do distrito.

A Policía Autonómica de Santiago identificou a un varón como presunto autor dun lume ocorrido o 19 de marzo, na parroquia de Alvite, e que afectou unha superficie rasa de 1,2 hectáreas. O lume produciuse pola realización de varias fogueiras ao redor da finca, que tiñan como obxectivo espantar a xabarís. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Negreira.

No que vai de ano son trece as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

29 de marzo de 2017 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.