publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios en Viana do Bolo e A Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaLocal PortadaSucesosViana do Bolo
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación de dous homes como presuntos autores de dous incendios forestais nos concello ourensáns de Viana do Bolo e A Gudiña, unha actuación que se realizou en colaboración coa axentes forestais do distrito.

A Policía Autonómica de Ourense procedeu a tomar declaración a un varón como presunto autor dun lume ocorrido o 14 de marzo, no lugar de Pontón, e que afectou unha superficie de 0,47 hectáreas. O lume deuse nunha finca poboada con castiñeiros. Segundo a investigación conxunta realizada, o incendio produciuse supostamente pola intención de limpar maleza e os restos de corta dos castiñeiros sen adoptar as medidas básicas de seguridade. O investigado contaba con permiso de queima. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución de garda da Pobra de Trives.

Os axentes da Policía Autonómica e axentes forestais do distrito tamén esclareceron as causas doutro incendio, neste caso no concello da Gudiña. Os axentes procederon á imputación dun varón como presunto autor dun lume ocorrido o 16 de marzo na parroquia e concello da Gudiña, e que afectou a unha superficie de 0,17 hectáreas. Neste caso, o incendio debeuse ao escape dunha queima de restos agrícolas que o investigado estaba realizar sen as oportunas precaucións. O investigado contaba coa preceptiva comunicación de queima. Polos feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Verín.

No que vai de ano son once as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

21 de marzo de 2017 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.