publicidade hoxe

Ourense acolle a presentación da campaña turístico-gastronómica “Março con sabores do mar” da localidade lusa de Esposende

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na rolda de prensa na que se presentou a campaña

Marisol Díaz na rolda de prensa na que se presentou a campaña

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na rolda de prensa organizada pola Cámara Municipal da localidade lusa de Esposende para a promoción da súa campaña turístico-gastronómica que baixo o título “Março con sabores do mar” ten o obxectivo de resaltar os seus produtos máis típicos: polbo, lamprea, ademais do viño verde, e atraer así ao turismo de proximidade para que gocen deles in situ.

Díaz Mouteira, en calidade de representante do Goberno galego e membro da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza. A delegada territorial amosouse satisfeita polo exemplo de cooperación transfronteiriza que supoñen as relacións entre ambas as dúas entidades, Expourense e Cámara Municipal de Esposende, que teñen asinados varios convenios que “suman esforzos e que garanten a promoción das súas actividades e a visita de galegos a Esposende e de portugueses á cidade de Ourense.”

Díaz Mouteira matizou que esta estratexia, ademais de pór en valor a gastronomía, a artesanía ou o turismo propio de cada rexión, fomenta novas dinámicas que posibilitan novas oportunidades para as economías locais. Así subliñou que “Esposende e Expourense son agora socios estratéxicos e xuntos traballaremos para dinamizar o turismo e as actividades socioeconómicas de ambos lados da Eurorrexión”.

2 de marzo de 2017 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.