publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Plan Renove de instalacións eléctricas mellorará a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión do Consello da Xunta

Reunión do Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas para mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios.

Logo de precisar que esta iniciativa mobilizará máis de 3 millóns de euros, Feijóo salientou que as axudas terán un cofinanciamento de ata o 25%, cun máximo de 3.000 euros por edificio ou 150 euros por punto de subministración.

Así mesmo, cómpre salientar que este plan está destinado a inmobles de uso residencial de máis de 25 anos, sendo os beneficiarios as persoas físicas e as comunidades de veciños, que deberán tramitar as axudas a través das entidades colaboradoras (aquelas inscritas no Rexistro integrado industrial do Ministerio de Economía).

O programa cubrirá reformas de instalacións de enlace –desde a caixa xeral de protección ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios-, a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as instalacións correspondentes aos servizos do edificio e a substitución de interruptores convencionais por detectores de presenza.

O responsable do Goberno galego afirmou que este plan contribuirá a mellorar a seguridade das instalacións eléctricas dos edificios de Galicia ademais de favorecer o aforro dos fogares.

9 de marzo de 2017 | 16:32 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario