publicidade hoxe

O DOG publica o inicio das expropiacións para a construción do itinerario peonil e ciclista nos treitos A Susana-polígono industrial e polígono industrial-A Eirexe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixónSantiago de Compostela
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, nos treitos entre A Susana e o polígono industrial (Pq. 0+000-0+810) e entre o polígono industrial e A Eirexe (Pq. 1+170-2+250), nos Concellos de Santiago e Boqueixón.

Estas obras, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este decreto publica hoxe: goo.gl/uGW5Ht

O proxecto ten por obxecto a execución dun itinerario peonil e ciclista na marxe dereita da estrada AC-960, coa finalidade de comunicar o núcleo da Susana e o lugar da Eirexe, que constituirá así un itinerario continuo entre ambas as poboacións.

A senda executarase en dous treitos: A Susana-polígono industrial, onde hai dúas seccións, ambas en formigón coloreado e nas que o ancho varía entre os 3,15 e os 1,80 metros, con separador vexetal nas zonas onde existe máis espazo e bordo delimitador; e o polígono industrial-A Eirexe, un treito de 1.080 metros, cunha sección de 3,15 m, con separador vexetal de 0,9 metros e bordo delimitador de formigón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións, que son necesarias para garantir a súa funcionalidade: como a reposición e ampliación da drenaxe existente; a execución de gabias para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal; deixar servizos para futuras canalizacións; a reposición da sinalización horizontal e a mellora e recuamento da sinalización vertical. Ademais da colocación de proteccións peonís e reposición dos sistemas de contención e de balizamentos e a reposición de servizos públicos e privados.

A senda forma parte das actuacións proxectadas dentro do Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Santiago, na que a Xunta investirá máis de 2,6 millóns de euros na construción de 9 novas sendas seguras e sustentables, que sumarán 15,6 quilómetros de actuacións. Así, no marco deste plan, xa se rematou a senda da estrada AC-240, no Concello de Touro; e o proxecto que unirá a parte norte de Pontevea co Centro de Saúde no Concello de Teo está en supervisión, permitindo así o tránsito peonil na estrada AC-841.

10 de marzo de 2017 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.