publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a licitación das obras de reforzo de firme en varias estradas da provincia de Pontevedra por 650.000 euros

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á licitación das obras reforzo de firme localizado en varias estradas da provincia de Pontevedra nos concellos de Caldas, Catoira, Pontecesures, Valga, Cambados, Meis, Ribadumina, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que contarán cun orzamento de case 650.000 euros. Para obter información máis detallada pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/d9OFKW.

Neste proxecto executaranse reparacións puntuais do firme que permitirán prolongar a vida útil do pavimento das estradas obxecto da obra, mediante fresado e reposición nos puntos con deformacións, ou microaglomerado, segundo a necesidade de cada treito. Levaranse a cabo en puntos situados nos seguintes tramos:

VG-4.2: nesta vía realizarase a rehabilitación do firme en zonas puntuais entre os puntos quilométricos 0, na glorieta inicial coa saída 7 da AG-41, e o 4+400 (int. VG-4.3-PO-300- PO-550); e o repintado do mesmo tramo,ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados.

PO-300: aquí executarase o reforzo de firme e repintado no tramo comprendido entre o Pq. 9+280 (inicio do polígono industrial de Cabanelas) ao 10+080 (glorieta coa EP-9501), Concello de Cambados. Ademais repintarase o resto da estrada (8,55 quilómetros nos municipios de Meis e Ribadumia).

PO-305: repararanse zonas puntuais no tramo comprendido entre o punto quilométrico 3+200 (glorieta no acceso ao P.I. do Pousadoiro) e o 5+960 (glorieta na intersección coa N-640a, na que finaliza a estrada), no Concello de Vilagarcía. Ademais, repintarase o resto da estrada (3,2 quilómetros no municipio Concello de Caldas).

PO-548: levaranse a cabo reforzos de firme en toda a estrada (Pq. do 0 ao 19+110): ata o Pq. 3 reparacións moi puntuais, no resto do tramo arranxos nos tramos que o precisan; e repintado (só nos treitos necesarios). Concellos de Pontecesures, Valga, Catoria, Vilagarcía de Arousa.

PO-549: haberá reparacións puntuais en toda a sección e repintado no tramo comprendido entre o punto quilométrico 2+000 (San Martiño de Sobrán, en Vilagarcía de Arouse) e 9+860 (int. Coa VG-4.3, punto final da estrada), Concellos de Vilagarcía, Vilanova de Arousa e Cambados. No tramo comprendido entre o 9+300 e o 9+600 (situado no núcleo urbano de Cambados) estenderase mestura bituminosa en quente no lugar do microaglomerado.

Ademais, o proxecto, que ten como data límite de presentación de ofertas pecharase o vindeiro 15 de abril, contempla o repintado das seguintes estradas da contorna:

PO-528: 0,7 km
PO-529: 1,67 km
PO-301: 6,7 km
PO-214: 15,35 km
PO-317: 5,18 km
PO-233: 13,01 km

Plan de Reforzos de Firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento de 20 millóns de euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

20 de marzo de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.