publicidade hoxe

O Corredor do Morrazo rexistrará un corte puntual para realizar voladuras no tramo 2 e avanzar nas obras de conversión en autovía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedraVigo
A-
A+

O Corredor do Morrazo rexistrará esta tarde un corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito 2 e avanzar nas obras de conversión en autovía. O corte ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

En función do resultado dos traballos programados para hoxe, avaliarase a necesidade de realizar un novo corte o vindeiro xoves, día 23. Estas voaduras do treito 2 son as últimas programadas ata despois da Semana Santa. No treito 1 xa se realizaron todas as voaduras necesarias.

Os cambios está establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

21 de marzo de 2017 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.