publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural proporciona material para a loita contra a vespa velutina a oito concellos de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasCoveloMorañaO GroveOiaPontevedraTomiñoVilaboaVilagarcía de Arousa
A-
A+
Cores Tourís na entrega de material de protección na loita contra a vespa velutina

Cores Tourís na entrega de material de protección na loita contra a vespa velutina

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta mañá de diverso material de loita contra a vespa velutina a outros oito novos concellos da provincia pontevedresa.

En concreto, trátase dos municipios de Cangas, Covelo, O Grove, Moraña, Oia, Tomiño, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, que estiveron representados no acto por responsables e técnicos municipais, en especial da área de Emerxencias. Facilitáronse oito pértegas, unha a cada un, así como dous traxes especiais de protección para o concello de Vilaboa.

A distribución deste material faise a aqueles concellos que non recibiron pértegas en 2016 e está dirixida aos que tiveron maior número de avisos deste insecto invasor en dito ano. O número total de pértegas que está previsto entregar ao longo deste ano é de 41. Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está distribuíndo un total de 5.700 trampas e doses de líquido atraente entre os apicultores dos concellos afectados, co obxecto de capturar as raíñas que saen da hibernación e impedir así a formación de novos niños. Estas trampas complementan ás 5.100 que xa foron distribuídas aos apicultores nos anos 2015 e 2016.

No ano 2016 retiráronse ou inactiváronse, a través do operativo conxunto establecido pola Xunta de Galicia e os concellos colaboradores, un total de 10.272 niños en Galicia, segundo datos oficiais. No Plan de vixilancia e control desta especie invasora, colaboran actualmente coa Xunta –a través do seu propio persoal– un total de 100 concellos: 40 da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 19 de Ourense e 24 de Pontevedra, sendo o seu apoio fundamental para o control da Vespa velutina.

23 de marzo de 2017 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.