publicidade hoxe

Licítanse as obras de reforzo de firme na estrada LU-540, por máis de 775.000 de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMurasOurolXermade
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á licitación das obras reforzo de firme localizado na estrada LU-540, que contará cun orzamento de máis de 775.000 euros e beneficiarán aos concellos de lucenses de Xermade, Muras e Ourol.

As actuacións que se terán que levar a cabo suporán a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da mestura de bituminosa en quente, nos tramos deteriorados entre os puntos quilométricos 8+100, concretamente, na Volta da Redoada, no Concello de Viveiro, e o 33+320, na intersección coa estrada da Deputación a Paidavella, no municipio de Xermade.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda levará a cabo o fresado do pavimento en case 300.000 metros cadrados e empregaranse máis de 7.000 toneladas de distinto tipo de formigón asfáltico, entre outros elementos

Durante 4 meses, actuarase en máis de 21,5 quilómetros e como obras complementarias á rehabilitación do firme, nas zonas que existe esgotamento da explanada proponse a execución de gabias formigonadas, así como zanxas drenantes naqueles puntos na que a evacuación das augas cara a gabia sexa inviable.

No caso de ter que afectar ao tráfico da zona, proporanse unha serie de solucións que permitan manter a circulación durante a execución dos traballos contemplados, para garantir a seguridade dos usuarios e dos traballadores.

Sinalar tamén que as actuacións previstas neste proxecto non implican a realización de ningunha expropiación, xa que todas as actuacións que se executen están incluídas dentro da franxa de dominio publico da estrada

Plan de reforzos de firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

20 de marzo de 2017 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.