publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Entrimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, na parroquia da Pereira. O lume entrou por Portugal e afectou ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume iniciouse ás 18:15 horas da tarde de onte e quedou extinguido ás 14:29 horas deste mediodía. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 35 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 6 axentes, 8 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

14 de marzo de 2017 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.