publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Entrimo, na parroquia de Venceáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns. O lume iniciouse na tarde de onte ás 17:15 horas e quedou extinguido ás 02:13 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 20 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de extinción participaron 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

20 de marzo de 2017 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.