publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen en Ourense a un varón por incumprimento da orde de afastamento da súa ex parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense detiveron hoxe a un home de 44 anos por incumprimento da orde de afastamento que tiña decretada sobre a súa ex parella.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón por quebrantar as medidas de protección fixadas xudicialmente para a súa ex parella da que tiña asignada unha orde de afastamento.

Tras unha alerta da vítima, os axentes detectaron que se podería estar incumprindo a resolución ditada, polo que estableceron un dispositivo de vixilancia que resultou na detención deste varón, que se atopaba nas inmediacións do domicilio da vítima. Foi detido e trasladado ás dependencias da Policía Nacional, onde se tramitaron as correspondentes dilixencias, que foron remitidas ao Xulgado.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 155 vítimas de violencia de Xénero.

13 de marzo de 2017 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.