publicidade hoxe

Cores Tourís visita a Comunidade de Montes de Saiar para comprobar as tarefas preventivas de loita contra o lume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+
Cores Tourís na visita á comunidade de montes

Cores Tourís na visita á comunidade de montes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a comunidade de montes de Saiar en Caldas de Reis, co obxectivo de analizar as tarefas preventivas realizadas nesta área para evitar os lumes forestais.

Estivo acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, así como do xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco e do presidente da Comunidade de Montes de Saiar, José Manuel Suárez Gamallo.

Cores Tourís comprobou os traballos de execución de reparación dunha pista forestal, substitución dunha lúa traseira dun tractor e recollida de madeira queimada, nos que a comunidade de montes de Saiar investiu 19.723 euros, dos cales 15.000 foron aportados a través dunha liña de axudas da Consellería de Medio Rural para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados polos incendios forestais.

En total, a superficie forestal queimada nesta comunidade o ano pasado abarcou unha superficie de 114 hectáreas, principalmente de piñeiro e eucalipto. De feito, Cores Tourís recordou que xunto a Arbo e Cotobade, a do Saiar foi un dos incendios forestais máis graves do ano pasado.

O distrito XIX, no que se atopa Caldas de Reis, conta con 368 comunidades de montes e 51.382 hectáreas. En concreto, o Monte Xiabre conta con 22 comunidades de montes que posúen 3.800 hectáreas e unha caseta de vixilancia na parte máis alta. A comunidade de Saiar, en concreto, conta con 752 hectáreas.

Durante a visita, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, asegurou que es importante seguir a traballar na limpeza dos montes, de cara a ter o monte preparado para esta etapa estival, intentando así minimizar os posibles lumes que se puideran xerar. “En 2016 investíronse dende Medio Rural case 6 millóns de euros na área da Delegación Territorial de Pontevedra co obxectivo de poñer en marcha traballos, rozas, brigadas e infraestruturas que logren preparar os montes de cara a época de maior intensidade de incendios. Este ano, o investimento roldará unha cifra similar”.

Deste xeito, a administración autonómica xa está a levar a cabo traballos de prevención, roza e apertura de pistas forestais dende o último trimestre do ano pasado. “No distrito 19 no que nos atopamos xa se limparon 18 quilómetros así como se executaron tratamentos silvícolas preventivos en 25 hectáreas, investíndose nestes traballos, levados a cabo nos concellos de Pontevedra, Pontecaldelas, Cuntis, Meis, Barro e Poio, un total de 58.000 euros”, explicou Cores Tourís.

“Estes traballos van a rematar ao longo deste mes. Aínda así non imos parar de preparalo monte cara a época estival, polo que o próximo trimestre haberá unha nova contratación para executar labores similares nos concellos de Vilagarcía, Catoira, Meis e Valga dentro deste distrito. Deste xeito, actuarase sobre 73,6 hectáreas e investiranse case 110.000 euros”, engadiu o delegado territorial.

Ademais destas contratacións, continúa o convenio cos concellos para seguir a executar labores preventivas contra incendios. Así, neste distrito cóntase con 12 brigadas, unha delas en Caldas de Reis, e seis motobombas. Trátase dun investimento que rolda os 450.000 euros. “A todo o anterior hai que sumar as brigadas fixas-discontinuas coas que conta a Consellería de Medio Rural, cinco no distrito XIX, que xa están a revisar as infraestruturas de loita contra o lume de cara ao próximo verano, así como, nesta área, contamos coa colaboración do GES de Valga”, matizou o responsable territorial.

Por outra banda, tamén acaba de pechar o prazo para a liña de axudas de incendios para tratamentos silvícolas e puntos de auga á que se presentaron este ano 188 solicitudes, 81 delas no propio distrito XIX. “En 2016, a través desta subvención, investíronse 1,5 millóns de euros de cara a poder executar traballos que manteñan o noso monte limpo e a contar con infraestruturas que permitan atallar as lapas nada más iniciarse un fofo”, rematou Cores Tourís.

15 de marzo de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.