publicidade hoxe

Cores Tourís analiza cos pensionistas de Cuntis as melloras no edificio do fogar do xubilado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntis
A-
A+
Cores Tourís na visita a Cuntis

Cores Tourís na visita a Cuntis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Cuntis co obxectivo de analizar as necesidades de mellora do edificio do Fogar do Xubilado, dado que se trata dun inmoble propiedade da administración autonómica e que foi cedido a esta asociación a través dun convenio.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde da localidade, Manuel Campos, así como polo secretario territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro.
Segundo lle trasladaron os responsables da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Cuntis ao delegado territorial, a principal necesidade do inmoble é o cambio da cuberta, así como recuperación da fachada a través dunha nova capa de pintura.

Neste senso, o delegado territorial recordou que os técnicos da administración autonómica xa avaliaran a situación do edificio recentemente, cifrando a obra arredor do 40.000 euros.
Nos próximos días o concello de Cuntis remitirá á Xunta de Galicia unha memoria sobre as actuacións necesarias no edificio de cara a que se poidan solicitar os permisos necesarios para su execución urxente.

Para a posta en marcha dos traballos acordouse a firma dun convenio de colaboración entre as dúas institucións de cara a que as obras sexan afrontadas ao 50% por ambas administracións, entre o que se incluirá a man de obra por parte do concello.

O Fogar do Pensionista conta con 140 asociados no concello de Cuntis e no edificio celébranse diversos actos lúdicos e formativos destinados aos maiores do municipio.

28 de marzo de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.