publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Convócanse as probas para acadar a autorización para exercer como transportista por estrada tanto para mercadorías como de viaxeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para as probas para acadar a autorización para exercer de transportista por estrada, tanto para mercadorías como de viaxeiros. Estes exercicios distribuiranse en dúas convocatorias que terán lugar entre o 1 de abril e o 11 de xuño e o 30 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano. Para obter máis información desta convocatoria pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/ad1hPh.

Tal como establece a orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, as persoas que cumpran os requisitos para presentarse poderán facelo en calquera das convocatorias o nas dúas, tanto na modalidade de xestor de transporte para empresas con mercadorías como a de viaxeiros. A presentación de solicitudes deberanse facer no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá, día 15 de marzo e na segunda convocatoria, do 31 de xullo ao 18 de agosto, amos días incluídos.

O lugar, data e hora dos exames serán acordados polo tribunal pertencente á Dirección Xeral de Mobilidade e publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días naturais á data escollida. A proba constará, dunha parte práctica e outra teórica e terá unha duración total de 4 horas, dúas para cada unha delas.

A sede electrónica da Xunta ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitarlles a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.

14 de marzo de 2017 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.