publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado un incendio forestal rexistrado en Entrimo, na parroquia da Pereira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, na parroquia da Pereira. O lume entrou por Portugal e afecta ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume iniciouse ás 18:15 horas da tarde de onte e quedou controlado ás 00:20 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase nunhas 30 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participan 4 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

14 de marzo de 2017 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.