publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan os trámites de expropiacións para a ampliación da estrada DP 1102 de Cespón a Vidres, en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiro
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos de 208 predios lindeiros coa estrada DP 1102 de Cespón a Vidres, no termo municipal de Boiro, para realizar as expropiacións necesarias para iniciar as obras de ampliación e mellora deste vial provincial, que suporán un investimento de preto de 885.000 euros para mellorar a seguridade viaria na zona.

En concreto, o proxecto conta cun orzamento de licitación de 782.718,48 euros, mentres que se reservan 142.266,73 € para as expropiacións dos terreos, cuxos titulares foron citados para os vindeiros 27, 28 e 29 de marzo no centro social Casa dos Veciños de Cespón, na localidade boirense.

Ampliación da plataforma e mellora do trazado

As obras consistirán na mellora e ampliación da sección da calzada no tramo de 1,7 quilómetros que vai dende o punto quilométrico 0+00 ao 1+700, dotándoa de carrís de 3 metros, fronte aos 2,5 m. actuais, e con arcéns de 1 metro de ancho. Tamén se inclúe no proxecto unha mellora do trazado, suavizando algunhas curvas existentes, o que axudará a dar maior fluidez e seguridade ao tráfico.

Nos primeiros 350 metros da estrada, donde a sección queda igual que estaba, realizarase un reasfaltado e unha mellora do seu cruce co tronco da estrada ampliada. A estrada ampliarase ata a glorieta que marca o final do tramo. Tamén se inclúe a mellora dos enlaces existentes nos puntos quilométricos 0+300 e 0+720 para facilitar os xiros dos vehículos, a construción de varios muros de contención de formigón e escollera e a prolongación do sistema de drenaxe transversal existente, así como a urbanización do tramo con saneamento, iluminación e mellora da sinalización vertical e horizontal.

Para garantir a seguridade do tráfico durante a execución das obras, estas realizaranse primeiro nun sentido e posteriormente no outro, permitindo así manter en servizo un dos dous carrís de circulación en todo momento.

Os traballos terán un prazo de execución de 10 meses a partir do seu inicio.

2 de marzo de 2017 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.