publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras de rehabilitación no centro social de Morlán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+

A rehabilitación do centro social de Morlán, situado no lugar de Agra da Misa, no termo municipal de Trazo, vén de comezar con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.
A achega provincial ascende a 32.526 euros, que se destinarán á rehabilitación do edificio co fin evitar a entrada de auga e a proliferación de humidades, que actualmente ocasionan o deterioro progresivo do inmoble.

No exterior do edificio, procederase ao picado da totalidade da fachada, saneándoa e preparándoa para o seu posterior tratamento a base de adhesivo impermeable con malla e tres capas de revestimento elástico.

En canto ás carpinterías, substituiranse por outras novas fabricadas en aluminio. Así mesmo, aproveitaranse as obras para comprobar o estado da cuberta e solucionar posibles desperfectos.
Estímase que o centro social estará listo para a súa reapertura nun prazo aproximado de 8 semanas.

20 de marzo de 2017 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.