publicidade hoxe

A Xunta renovará o proxecto “Cooperación galega: o mundo que queremos” de educación para o desenvolvemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Jesús Gamallo na xuntanza con representantes das ONGD participantes

Jesús Gamallo na xuntanza con representantes das ONGD participantes

A Xunta renovará este ano o convenio de colaboración coas ONGD que desenvolven o proxecto Cooperación galega: o mundo que queremos, que ten como obxectivo fomentar a educación para o desenvolvemento e a solidariedade entre os adolescentes.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos representantes das ONGD que participan nesta iniciativa: Solidariedade Internacional de Galicia (SIG), Fundación Educación e Cooperación (Educo), e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Estiveron acompañados pola representante da ONGD dominicana Instituto de Acción Comunitaria, Marleni Polo, que se encontra de visita en Galicia para participar en encontros cos estudantes dos centros galegos implicados neste proxecto de cooperación.

A iniciativa, financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e integrada no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xa vai pola súa 4ª edición. Entre as súas metas, está contribuír a fomentar unha adolescencia galega consciente das interconexións entre as realidades locais e as dinámicas globais e apoiar o exercicio da corresponsabilidade de cara á construción da xustiza social.

Desde 2013, data na que comezou a executarse, tense traballado con 24 centros educativos, 94 profesores e máis de 2.000 alumnos. O financiamento durante estes anos ascendeu a un total de 250.000 euros, achegados pola administración autonómica. De cara a 2017, espérase chegar a 5 centros de ensino cun orzamento de 70.000 euros

27 de marzo de 2017 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.