publicidade hoxe

A Xunta reafirma en Riveira o seu compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Rey Varela na visita ás instalacións Amicos en Riveira

Rey Varela na visita ás instalacións Amicos en Riveira

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións en Riveira da Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual (Amicos). O conselleiro, que destacou o traballo que esta a facer esta entidade a prol da mellora da calidade de vida deste colectivo, estivo acompañado da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.

Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta no apoio ás persoas con discapacidade, xa que “non se trata de persoas diferentes, senón de persoas con distintas capacidades que poden achegar moito á sociedade e das que temos moito que aprender”, dixo. Neste sentido, o titular de Política Social explicou que debemos abordar a discapacidade dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva, posto que “non se trata tanto de que as persoas con distintas capacidades se adapten para integrarse na sociedade se non que é esta a que as ten que incluír”, manifestou.

Ademais, o responsable da área social do Goberno galego destacou o incremento da colaboración con entidades que interveñen no ámbito da discapacidade. No caso de Amicos, a Xunta aumentou o ano pasado o número de prazas concertadas nos centros da asociación acadando as 60, cantidade que se mantén en 2017 cun investimento superior aos 730.000 euros.

Por último, Rey Varela sinalou que a Administración autonómica seguirá coa liña de traballo conxunto coas entidades sociais para avanzar no desenvolvemento da Estratexia Galega sobre Discapacidade, horizonte 2020, a cal contempla seis liñas básicas de intervención para conseguir unha sociedade máis integradora: accesibilidade; autonomía persoal; educación, formación e emprego; saúde e servizos sociais.

20 de marzo de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.