publicidade hoxe

A Xunta propón a adxudicación dunha vivenda en Vigo e firma o contrato de aluguer doutra a persoas en situación de emerxencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra aprobou na súa última reunión a proposta de adxudicación dunha vivenda cedida pola Sareb en Vigo a unha muller de avanzada idade incursa nunha inminente execución hipotecaria, continuando coa aplicación das 12 medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Unha vez que a vivenda sexa adxudicada pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinarase o contrato de alugueiro e entregaranse as chaves á beneficiaria.

Por outra parte, hoxe mesmo asinouse o contrato de alugueiro doutra vivenda adxudicada directamente en Vigo a unha persoa en situación de emerxencia social. Neste caso trátase dunha vivenda recentemente cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro social.

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos preto de 1.200 casos en toda Galicia.

20 de marzo de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.