publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta mellora os medios de emerxencias e de Protección Civil coa entrega de 14 embarcacións para augas interiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+
Alfonso Rueda na entrega de embarcacións nas Pontes

Alfonso Rueda na entrega de embarcacións nas Pontes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de catorce embarcacións para augas interiores que serán utilizadas polos servizos de emerxencias e Protección Civil das catro provincias galegas. Nos últimos meses, o Goberno galego investiu case cinco millóns de euros nunha entrega de material extraordinaria destinada a mellorar os medios destes colectivos.

Nun acto celebrado na praia do Lago de As Pontes, o vicepresidente da Xunta destacou o labor desenvolvido a diario polos servizos de emerxencias e de Protección Civil e recalcou a importancia de investir fondos na prevención para poder ser despois máis eficaces. O obxectivo, asegurou, é que os integrantes das agrupacións estean mellor preparados e mellor dotados que nunca.

Durante o acto, ao que tamén asistiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, e boa parte dos alcaldes dos concellos beneficiados, púidose asistir en directo a unha demostración práctica dos novos medios postos a disposición dos efectivos.

Rueda resaltou o apoio e o recoñecemento demostrados pola Xunta de Galicia co traballo dos voluntarios de Protección Civil dous días despois do acto de homenaxe celebrado na Estrada e quixo poñer en valor o seu esforzo, o seu compromiso e o seu labor.

Os beneficiarios das embarcacións son A Estrada, A Gudiña, As Pontes, Avión, Brión, Chantada, Curtis, O Barco, Padrón, Ribadavia, Ribas de Sil, Tomiño, Vilalba e o Grupo de Apoio Loxístico ás Emerxencias (Gali). O custe total foi de preto de 165.000 euros.

27 de marzo de 2017 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.