publicidade hoxe

A Xunta entrega unha nova vivenda en réxime de alugueiro social en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Xunta entregou unha nova vivenda a unha familia de Vigo en réxime de alugueiro social, despois de asinarse o contrato de alugueiro da mesma. Trátase dunha vivenda cedida por Sareb á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos.

Por outra parte, o Goberno galego publicou hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos en dous procedementos de adxudicación de vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia. (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/600)

Dúas das vivendas están situadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.

As outras catro vivendas emprázanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.

27 de marzo de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.