publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina 2,9 millóns de euros para apoiar actividades de promoción de produtos agroalimentarios con calidade diferenciada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia destinou ao longo de 2016 un total de 2,9 millóns de euros para apoiar actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada realizados por agrupacións de produtores.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade a estas subvencións, concedidas no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O pasado ano foron 77 en total as axudas concedidas, sendo beneficiarios os diferentes consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, así como outras asociacións e agrupacións de produtores. As actividades financiadas teñen que ver coa asistencia a feiras e certames sectoriais, exposicións e outras iniciativas de promoción e mellora da comercialización destes produtos.

13 de marzo de 2017 | 17:50 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario