publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais en Maceda e Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMacedaPalas de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación de dous homes como presuntos autores de dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda e no lucense de Palas de Rei.

A Policía Autonómica de Ourense, procedeu á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 9 de marzo, na parroquia de As Lamas-Zorelle, no concello de Maceda, e que afectou a unha superficie arborada de 0,8 hectáreas. Ao investigado constáballe unha comunicación de queima de restos agrícolas e realizou unha queima de restos forestais. Fíxoa de forma supostamente neglixente e o lume estendeuse á finca colindante. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

Os axentes da Policía Autonómica tamén esclareceron as causas doutro incendio, neste caso na provincia de Lugo. Os axentes procederon á imputación dun varón como presunto autor dun lume ocorrido o 9 de marzo na parroquia de Cabanas, no concello de Palas de Rei, e que afectou a unha superficie de 0,23 hectáreas.

O investigado estaba a realizar unha queima de restos forestais. Non tiña ningunha autorización para elo e non tomou as medidas necesarias para que o lume non se propagase, o que finalmente ocorreu ao estenderse á finca contigua.

Polos feitos descritos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Chantada. No que vai de ano son sete as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

14 de marzo de 2017 | 18:23 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario