publicidade hoxe

A Deputación de Lugo leva a Taboada o Campionato Galego de Piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoTaboada
A-
A+
Presentación do evento deportivo

Presentación do evento deportivo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Concelleiro de Taboada, Luis Gómez García, o Delegado Provincial da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo Méndez, e a Presidenta do Club Cidade de Lugo, Sabela Castro Martínez, presentou o Campionato Galego de Inverno, que terá lugar o vindeiro sábado no encoro de Belesar ao seu paso pola localidade de Taboada.

O organismo provincial é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega económica de 9.000 euros para promover o deporte base, ademais de incentivar o turismo e economía da zona, posto que a proba deportiva reunirá a máis de 1.000 persoas entre participantes e espectadores.

Rivera Capón subliñou que “máis de 600 palistas dun total de 40 clubs da comunidade competirán o sábado no encoro de Belesar sobre unha distancia de 5.000 metros. Esta cifra supón un novo récord de inscrición na que é a primeira competición do ano de piragüismo. O compromiso da Deputación con este deporte é firme, posto que coñecemos a relevancia que ten para a nosa provincia. Por iso, ao longo do ano apostamos pola celebración de campionatos e probas como a Travesía de Foz, ademais das axudas de 200.000 euros que realizamos aos diferentes clubs lucenses”.

Apoio ao piragüismo

A estas axudas concedidas ao Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Fluvial de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo Viveiro, Club Piragüismo Altruan e Club Montaña Quixós, súmase a subvención de 100.000 euros para a construción dun novo hangar de piraguas en Foz, así como aos 85.000 euros que o Executivo Provincial comprometeu a estas entidades para ao 2017.

Este último orzamento é para que sexan os propios clubs os que directamente xestionen a escola de piragüismo de titularidade provincial, para contratación de máis monitores de adestramento, adquisición de novo material técnico, así como para a promoción do piragüismo no conxunto do territorio lugués, con campañas divulgativas que se levarán, por exemplo, aos centros educativos.

2 de marzo de 2017 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.