publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia obras de mellora da rede de saneamento de Vilar de Mouros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaA Coruña
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación, por importe de 42.985,71 euros das obras de mellora de saneamento no núcleo de Vilar de Mouros, no Concello de A Capela.

A empresa Agada Occidente SL encargarase da execución dos traballos, que contan cun prazo de execución de un mes, e que consistirán na renovación da rede de saneamento deste núcleo capelán, proporcionando servizo a unha serie de vivendas que carecían do mesmo e conectándoo co sistema de depuración existente na actualidade.

Vilar de Mouros conta actualmente cunha rede de saneamento que ao longo da AC-121 recolle tanto as pluviais coma as augas residuais do núcleo. Esta rede de saneamento sitúase na zona de maior altitude do mesmo, ficando na zona máis baixa un grupo de vivendas sen servizo de saneamento.

A rede posúe un sistema de depuración, cunha depuradora compacta situada na zona máis alta do núcleo, polo que se fai necesario dótalo dun sistema de bombeo para poder proporcionar servizo a estas vivendas.

A mellora na rede de saneamento de Vilar de Mouros consistirá na implantación dunha nova rede de aguas residuais e a ampliación da rede de pluviais existente, cun pozo de bombeo que conecte coas zonas de maior altitude da rede (uns 10 metros) e de alí á depuradora.

A nova rede contará con 13 pozos de rexistro, 2 arquetas de conexión domiciliaria e 380 metros de tubo de PVC, ademais dun novo pozo de bombeo.

As obras inclúense no Plan de Medio Ambiente (PMA) da Deputación da Coruña, dotado con 5 millóns de euros para mellorar a calidade ambiental dos concellos da provincia da Coruña.

6 de marzo de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.