publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia a creación dunha nova bancada e a reparación das cubertas do campo de fútbol de Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCee
A-
A+

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos proporán á Xunta a sinatura dun convenio tripartito para acometer as obras de rehabilitación do Pasatempo.

Así o acordaron esta mañá o presidente da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso, e o alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, durante a reunión que esta mañá mantiveron no concello brigantino para concretar a colaboración entre institucións necesaria para levar a cabo a rehabilitación do parque enciclopédico, único no seu xénero, construído polos irmáns García Naveira entre finais do século XIX e principios do XX.

Formoso apuntou que, aínda que a lexislación vixente establece claramente que a conservación do patrimonio cultural e histórico é competencia da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña “está disposta a subministrar o seu gran de area para salvar o Pasatempo e devolverlle a dignidade a un espazo de referencia” se a Xunta compromete tamén o seu apoio económico. “É un esforzo que hai que facer”, apuntou.

Neste sentido, o presidente provincial anunciou que ambas as dúas institucións acordaron na reunión de hoxe propor á Xunta “que asinemos un convenio a tres bandas, no que Betanzos achegaría o 10% do custe das obras e Xunta e Deputación o 45%, a partes iguais, en dúas anualidades”.

O acordo incluiría tamén que sexa o Concello de Betanzos o que se encargue da redacción do proxecto técnico a partir do anteproxecto xa elaborado polo arquitecto Xan Casabella, no que se detallan as actuacións que se han realizar e que estima un investimento próximo aos 1,3 millóns de euros.

Saneamento e canalización de pluviais ata a depuradora de Lires

No día de hoxe tamén se publicou a formalización do contrato doutra obra financiada polo PAS da Deputación. Trátase do acondicionamento da rede de saneamento municipal, adxudicada a Búa Construcciónes y Servicios por un importe de 91.900 euros.

Estas actuacións consistirán na reposición de varios tramos de redes de pluviais e de saneamento, así coma a reparación dunha estación de bombeo e da EDAR de Lires. Os traballos incluirán a roza e limpeza previa dos terreos e a reposición dos pavimentos afectados.

Novas beirarrúas nas Lamas

Outro dos plans da Deputación da Coruña, o Plan de Obras e Servizos (POS), financia con 25.863 un proxecto para dotar de beirarrúas ao lugar das Lamas, situado na parroquia de Ameixenda.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a formalización do contrato para a execución destas obras, que consistirán na execución de 155 metros de beirarrúas, así coma as correspondentes redes de pluviais e de auga potable, pozos de rexistro e sumidoiros.

Estas beirarrúas, que terán un ancho de 1,80 metros, teñen o obxectivo de favorecer o tránsito a pé e mellorar a seguridade viaria dos case 300 veciños e veciñas das Lamas.

2 de marzo de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.