publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña financia a creación dun aparcamento no pavillón municipal das Somozas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs Somozas
A-
A+

A Deputación da Coruña achega 55.500 euros para mellorar o acceso e as dotacións do pavillón municipal das Somozas, a través dun convenio de colaboración aprobado no último pleno provincial.
A achega da Deputación supón o financiamento do 80% do proxecto, que facilitará a práctica deportiva no complexo formado por unha piscina climatizada, un ximnasio e o campo de fútbol Manuel Candocia, que acolle os partidos do equipo de segunda división U.D Somozas.

As obras consistirán na pavimentación de preto de 2.428 metros cadrados, con doce centímetros de zahorra artificial e sete de aglomerado en quente. Esta nova superficie servirá tanto de acceso ás instalacións coma de aparcamento, xa que se pintarán varias prazas para vehículos e autobuses, ademais dos símbolos viarios.

Contémplase así mesmo a formación de beirarrúas para mellorar tamén o acceso a pé, e a creación de novas redes de sumidoiro para drenaxe e canalización da iluminación pública.

Doutra banda, os fondos provinciais sufragan a colocación de novas cubertas nas casetas e no almacén, en substitución das existentes que provocan infiltracións de auga. Estas estruturas estarán formadas por vigas de formigón armado, correa metálicas e paneis illantes de aceiro.

7 de marzo de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.