publicidade hoxe

A comunidade galega mostra en Andalucía o seu labor na trazabilidade dos produtos pesqueiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Mercedes Rodríguez e Susana Rodríguez na xuntanza en Andalucía

Mercedes Rodríguez e Susana Rodríguez na xuntanza en Andalucía

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantiveron hoxe unha xuntanza coa directora general de Pesca y Acuicultura da Junta de Andalucía, Margarita Pérez Martín, e con outros representantes deste departamento. Esta reunión enmárcase nunha visita que a delegación andaluza realiza hoxe a Galicia para coñecer diferentes aspectos da trazabilidade dos produtos pesqueiros da comunidade autónoma galega.

Durante a xuntanza, técnicos da Consellería do Mar explicaron á delegación andaluza a normativa autonómica relacionada coa trazabilidade, é dicir, coa capacidade de coñecer a historia dun determinado produto pesqueiro dende a súa captura ata que chega ao consumidor.

Tamén lles explicaron o plan de xestión do polbo en Galicia, que regula a captura desta especie e establece aspectos como os topes, os horarios e o número de nasas, así como o sistema de identificación das nasas. Ademais os andaluces tamén coñeceron o sistema de control da captura desta especie.

Por outra banda, os técnicos da Consellería do Mar, expuxeron aos representantes da administración andaluza o funcionamento dos terminais Ticpesc, uns caixeiros instalados en diferentes portos de Galicia, que levan un equipo informático para a emisión de documentos relacionados coa actividade diaria da pesca, da acuicultura e da primeira venda.

Visitas

Estas explicacións compleméntanse con diferentes visitas que está a realizar na xornada de hoxe a delegación andaluza, acompañada de técnicos da Consellería do Mar. Así coñeceron de primeira man o funcionamento dos terminais Ticpesc no Grove e Portonovo e pola tarde en Bueu verán a captura do polbo e o seu etiquetado e poxa en lonxa.

9 de marzo de 2017 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.