publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Axencia da Industria Forestal impulsará a competitividade dun sector comprometido coa sustentabilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRois
A-
A+
Francisco Conde no acto co Clúster da Madeira en Rois

Francisco Conde no acto co Clúster da Madeira en Rois

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe no acto organizado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia no Día Internacional dos Bosques a importancia de poñer en valor o gran recurso natural e económico que Galicia ten no seu monte. Neste sentido, apuntou que a futura Axencia Galega da Industria Forestal impulsará a competitividade dun sector comprometido coa sustentabilidade.

O conselleiro destacou que o sector forestal galego é moi extenso e con grandes expectativas de crecemento e diversificación, e sinalou que coa creación da Axencia se entende este sector como un todo que engloba á cadea monte-industria. A través deste novo organismo, favorecerase a transferencia de coñecemento entre empresas e centros públicos de investigación forestal, e mellorarase a cualificación dos profesionais ademais de actuar como interlocutor da Administración ante os axentes económicos.

Conde fixo fincapé en que falar de riqueza forestal é falar dun equilibrio entre aproveitamento produtivo e preservación ambiental, e así, apuntou que Galicia ten nos seus montes un patrimonio de incalculable valor medioambiental e paisaxístico e tamén unha materia prima que nutre unha das actividades de maior peso na economía galega. Sinalou que este sector está composto por 3.000 empresas, das que o 37% pertencen á industria da primeira transformación, e o 63% á de carpintería e mobiliario, e que converte á comunidade na novena potencia forestal europea e en líder a nivel nacional. No conxunto de España, Galicia representa o 43% da madeira.

Galicia é líder en xestión forestal sustentable, e así, Francisco Conde apuntou na súa intervención que a comunidade conta xa con 180.000 hectáreas certificadas entre os dous sistemas que operan actualmente, sendo a segunda comunidade en certificación FSC.

Apuntou o conselleiro á necesidade de establecer usos alternativos á produción madeireira na Comunidade, sinalando que a aposta pola biomasa como fonte de enerxía renovable, limpa e autóctona, favorece a diversificación da actividade industrial vinculada ao sector madeireiro, a eficiencia enerxética nos fogares e industrias galegas, e un mellor aproveitamento dos recursos naturais a través dos residuos derivados da madeira. Para fomentar o uso da biomasa con fins térmicos, a Xunta destina este ano 11,7 millóns de euros en catro tipos de axudas centradas na instalación de equipamentos térmicos e redes de subministración.

21 de marzo de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.