publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“Voadora” estrea no Pazo da Cultura a comedia “O soño dunha noite de verán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaNarón
A-
A+

O teatro protagonizará esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura cunha nova estrea. Neste caso será o turno da compañía compostelá “Voadora”, que este sábado, día 11, representará a comedia O soño dunha noite de verán, dirixida por Marta Pazos. As entradas están xa á venda –na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A representación dará comezo ás 20.00 horas.

O Padroado da Cultura de Narón e o Teatro Colón da Coruña acolleron a primeira Residencia Técnica Artística compartida entre teatros públicos na provincia, a cargo nesta ocasión da compañía “Voadora”, que tivo á súa disposición persoal e equipos de ambas instalacións culturais para os seus ensaios. O traballo realizado polo persoal de “Voadora” durante esa Residencia deu forma a este novo espectáculo, que parte da adaptación dunha obra de Shakespeare. Demetrio, Lisandro, Hermia e Helena son catro dos protagonistas desta obra, que vivirán diferentes historias de amor, con fugas e persecucións incluídas.

A comedia O soño dunha noite de verán representarase nas vindeiras semanas noutras localidades galegas, como Rianxo, Noia, Oleiros e Santiago de Compostela, entre outras.

7 de febreiro de 2017 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.