publicidade hoxe

Uns 600 rapaces visitaron as iinstalacións municipais con “Coñece o teu contorno próximo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Máis de 600 rapaces participaron no que vai de ano na iniciativa municipal “Coñece o teu contorno próximo” impulsada pola Concellería de Educación para familiarizar aos alumnos de centros educativos de Riveira coas instalacións e funcionamento da administración municipal.

Hoxe mesmo fixérono 40 alumnos de 3 anos do colexio O Grupo, quen primeiro lugar acudiron ao Concello e coñeceron algunhas dependencias como a Oficina da Atención Cidadá ou o salón de plenos para acudir a continuación á Biblioteca Municipal de Riveira e o Centro Cultural Lustres Rivas.

Nas pasadas semanas fixérono outros rapaces tanto de Infantil e Primaria como de Bacharelato, que tiveron tamén a oportunidade de contemplar a Kaizen de Fernando e Hugo Yáñez, e desenvolver arredor dela labores educativos.

Todos eles foron guiados nestas visitas pola responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín.

8 de febreiro de 2017 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.