publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 26 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras da senda peonil entre Laracha e Paiosaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Un total de 26 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras dunha senda peonil entre Larcha e Paiosaco. Estes traballos iniciaranse antes do verán para rematalos a finais deste mesmo ano. O prazo de execución establecido para este contrato é de 6 meses e contará cun investimento de máis de 700.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 28 de decembro a licitación das obras da senda entre A Laracha e Paiosaco, na estrada A Coruña-Cee (AC-552), concretamente, entre os puntos quilométricos 18+500-20+140.

Trátase dun itinerario peonil e ciclista, de máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, proxectado pola marxe esquerda da estrada AC-552, que dará continuidade ás beirarrúas xa existentes entre os núcleos de Paiosaco e A Laracha, comunicando as zonas dos principais equipamentos.

Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Bergantiños, onde para o Concello da Laracha se contemplan dous itinerarios para que os veciños realicen os seus desprazamentos cotiáns de forma cómoda e segura. Son dúas sendas que se van construír na marxe da estrada AC-552, a que vai da Coruña a Cee: unha delas entre A Laracha e Paiosaco e a outra entre A Laracha e O Cancelo.

A Xunta tamén está traballando no proxecto desta segunda senda entre A Laracha e O Cancelo, un itinerario de case 2 quilómetros ao que se destinará preto dun millón de euros. Actualmente, está en supervisión co obxectivo de licitar as obras na primeira metade de 2017.

O Goberno galego, a través destes proxectos, que será cofinanciados ao 80% por el Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, traballa na busca de beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.

14 de febreiro de 2017 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.