publicidade hoxe

Sr. Chinarro achégase ao Salón García para presentar o seu último traballo “El progreso”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O domingo, 12 DE MARZO, chega o segundo concerto do programa “Achégate ao Salón!” organizado pola Concellería de Cultura, neste caso coa actuación de Sr. Chinarro. O cantautor presentará no Salón García os temas do “El progreso” o seu último traballo discográfico e que sae á venta a principios de abril. O concerto comeza ás 12.30 horas.

As entradas para o concerto de Sr. Chinarro teñen un prezo reducido: 6 euros os adultos e 3 euros os menores de 16 anos. Os billetes xa se poden adquirir a través de ticketea.com e do teléfono 902 044 226 (máis custes de xestión) e tamén se poderán comprar o domingo, a partir das 10:30 horas, no propio Salón García (Casa da Cultura da Rúa Alcalde Rey Daviña).

“El Progreso” é o décimo sétimo disco de Sr. Chinarro. Nel, o veterano cantautor exhibe – unha vez máis – o seu potencial como compositor en dez cancións que o coroan como un dos mellores letristas que seguen habendo neste país. Á súa calidade literaria mestúrase á perfección cun son rico en matices no que se nota a mano de J, líder de Los Planetas, que foi o encargado da produción do álbum.

Chinarro leva máis alá do establecido a canción de autor. De ‘Efectos Especiales’ a ‘Walden’, primeira e última canción do disco respectivamente, expándese un universo imaxinativo que vai medrando pouco a pouco, progresa, e vai collendo forza en pezas preciosistas como ‘El Castigo’, ‘Fase Lunática’, e se eleva cara ao místico en cancións como “El Progreso”- coa marabillosa voz de Soleá Morente-, ‘La Mujer’ e a conclusiva ‘Walden’. El Progreso xestouse no estudio de gravación Refugio Antiaéreo de El Fargue, en Granada.

O disco sairá á venta o venres 8 de abril e irá acompañado dunha xira que percorrerá boa parte da xeografía española, recalando este domingo en Vilagarcía.

7 de febreiro de 2017 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.