publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ruta “De derbi en derbi”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

Todos os afeccionados/as que queiran asistir aos partidos dos equipos masculino e feminino de Primeira División este sábado, 4 de xaneiro, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS coa ruta laranxa por Galicia ‘De Derbi en Derbi’.

O equipo masculino enfrontarase ao Santiago Futsal en Santa Isabel, 13.15 horas, e o feminino farao fronte ao Cidade das Burgas, 20.00 horas, nos Remedios. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para os dous partidos, por tan só 15 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as.

As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo).

Ruta laranxa por Galicia. De Derbi en Derbi:

Saída: Sábado día 4 de febreiro ás 10.15 horas desde Cafetería Vista Alegre
Destino: Pavillón Santa Isabel de Santiago
Partido: Santiago Futsal vs Pescados Rubén Burela FS. 13.15 horas.

Xantar (non incluído): Galipizza Santiago (avda. da Liberdade. 15.30 horas aprox.)

Saída desde Galipizza Santiago con destino a Ourense: 17.15 horas aprox.
Destino: Pavillón dos Remedios de Ourense
Partido: Cidade das Burgas vs Pescados Rubén Burela FS. 20.00 horas
Regreso: Ao finalizar o partido

Data límite para apuntarse: Venres 3, 14.00 horas
 

1 de febreiro de 2017 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.