publicidade hoxe

Riveira celebra os días de Rosalía de Castro e da Lingua Materna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

No transcurso da presenta semana terán lugar os días de Rosalía de Castro e da Lingua Materna e o Concello de Riveira vai celebrar estas efeméride cunha serie de actividades para nenos e público en xeral.

Así, o vindeiro 23 de febreiro, véspera do Día de Rosalía de Castro,l o Auditorio Municipal de Riveira dará cabida a un concerto infantil de Gloria (de Mamá Cabra) e Magín Blanco titulado “O caderno dos afectos”. A actividade terá lugar ás 11 horas e está dirixida a alumnado de 1º e 3º de Primaria. Gloria e Magín cantarán as cancións favoritas dos nenos e nenas, facendo un repaso polos seus álbums máis coñecidos e, no medio dos cantares, estará presente Rosalía de Castro cunha selección especial. 

Xa o propio día 24 a Biblioteca Municipal dará cabida a unha pequena exposición durante toda a xornada cunha selección de libros de ou sobre a poetisa entre os pertencentes aos seus fondos.

E en canto ao Día da Lingua Materna, se ben o seu día propio é o 21 a súa conmemoración vaise trasladar ao vindeiro sábado 25 a través dunha sesión contacontos para bebés a cargo da coñecida escritora Charo Pita. O título da función é “O Curral de Cocoricó” e terá lugar ás 12 do mediodía na Biblioteca Municipal. A proposta está dirixida a nenos de 0 a 3 años e ás súas familias. 

Tendo en conta a curta idade do público ao que vai dirixido, realizarase inscrición previa no número 981 835 650 ou dirixindo un correo electrónico a normalizacion@riveira.com.

20 de febreiro de 2017 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.