publicidade hoxe

Rey Varela suma un novo encontro a súa rolda cos rexedores para acadar melloras na atención social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Campo Lameiro. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Campo Lameiro. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social sumou no día de hoxe un novo encontro á rolda de xuntanzas que está a manter o titular da carteira autonómica, José Manuel Rey Varela. O obxectivo destas reunións de traballo é optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas as institucións de cara a acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos.

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Campo Lameiro, Julio Gonzalo Sayáns Bugallo.

Na xuntanza, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron que a Xunta ofrece un total de 502 mensuais de servizo de axuda no fogar dependencia, grazas ás cales a ratio de atención no municipio é do 100%. Rey Varela tamén lle trasladou persoalmente ao rexedor que a Consellería manterá o mesmo número de persoal a través do Plan Concertado, ao tempo que tendeu a man para posibles futuras colaboracións entre ambas administracións que redunden no benestar dos veciños e veciñas de Campo Lameiro.

6 de febreiro de 2017 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.