publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rey Varela segue a coordinar as súas políticas cos concellos nunha nova reunión co alcalde de Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeis
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Meis. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Meis. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de Meis (Pontevedra), José Luis Pérez Estévez.

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello pontevedrés e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

Neste sentido, alcalde e conselleiro estudaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo na localidade, nomeadamente o incremento de 116 horas no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, o que supón un total de 602 horas das que se benefician 12 veciños e veciñas. Con este incremento, a ratio de atención sitúase no 99,29%.

Por outra banda, na reunión tamén contemplaron a construción dun centro social en Meis, un asunto que o conselleiro de Política Social comprometeuse a estudar polo beneficio dos veciños e veciñas da localidade.

Este encontro está enmarcado na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

22 de febreiro de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.