publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Quedan oito días para presentar ofertas á construción do parque infantil en Punta do Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa do inicio da licitación do contrato para a construción dun novo parque infantil na área recreativa situada en Punta do Castro e para a mellora do existente na Ameixida, ambos localizados na parroquia de Castiñeiras.

Os interesados dispoñen de oito días naturais contados a partir de mañá para presentar as súas ofertas. O orzamento de licitación é de 61.100,61 euros, IVE incluído, e o procedemento é aberto. A actuación conta cunha axuda económica da Deputación da Coruña correspondante ao protgrama FOAYIA.

Xogo combinado

No caso de Punta do Castro, o proxecto técnico elaborada prevé a colocación xunto ás pistas deportivas dun gran xogo combinado composto por distintos tipos de tobogáns, tubos trepadores e un columpio dobre, entre outros elementos, sobre unha superficie amortiguada de caucho de 16,4 por 9,60 metros, perimetrada por un valado de polietileno de distintas cores.

En canto á Ameixida, cómpre lembrar que o parque existente atópase dividido en dúas zonas independentes, situadas cada unha delas a un lado da pista multideporte existente. Ambas presentan un significativo deterioro.

En liñas xerais, a actuación programada comprende a dotación dun novo pavimento a base de gránulo de caucho e céspede artificial sobre unha soleira de formigón, substituíndo ademais aqueles xogos que estean danados por outros novos.

7 de febreiro de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.