publicidade hoxe

Ponteceso homenaxea a Eduardo Pondal con motivo do 182 aniversario do poeta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteceso
A-
A+
Homenaxe a Eduardo Pondal en Ponteceso. Foto: M. Fuentes

Homenaxe a Eduardo Pondal en Ponteceso. Foto: M. Fuentes

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe no acto de homenaxe a Eduardo Pondal na casa natal do escritor, en Ponteceso, con motivo do 182º aniversario do seu nacemento. Para recordar o poeta, a fundación que leva o seu nome congregou esta mañá alumnos e alumnas de educación primaria de Ponteceso e de Meicende, que leron fragmentos da obra literaria do bardo de Bergantiños. Os versos do poeta tamén soaron ao remate da celebración, coa interpretación conxunta do himno galego por parte de todas e todos os participantes.

8 de febreiro de 2017 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.