publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Pili Peón participa na Comisión de Benestar Social da Femp

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Pili Peón, asistiu esta mañá en Madrid á xuntanza da Comisión de Bienestar Social da Femp, da que o municipio de Silleda forma parte co alcalde, Manuel Cuiña, como vocal.

Por motivos de axenda foi a concelleira a que representou ao municipio nesta reunión, celebrada na sede da Federación Española de Municipios e Provincias, e na que se abordaron cuestións como os convenios vixentes para o Plan Nacional sobre Drogas, en materia de prevención das drogodependencias, ou os asinados en materia de parentalidade positiva e cumplimento de Penas de Traballo en Beneficio da Comunidade.

Nesta xuntanza tamén se trataron outros asuntos de interese e de vixente actualidade como os proxectos para unha Rede de Municipios de Acollida de Refuxiados, ou a creación dunha Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas persoas maiores.

8 de febreiro de 2017 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.