publicidade hoxe

Os traballadores de Aceesca Emprego encargaranse do mantemento das rotondas do polígono da Veigadaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos, Aceesca Emprego e a Entidade de Conservación do Parque Empresarial de Mos, PEMOS-Veigadaña, asinaron esta semana un acordo de colaboración para cubrir o servizo de acondicionamento, revitalización e mantemento das rotondas da devandita área industrial.

Na sinatura estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, o presidente da Entidade de Conservación do PEMOS, Fernando García Fontán,e dúas representantes de Aceesca e Aceesca Emprego. Por parte de Aceesca Emprego asinaron o convenio Mª Luz Fernández Grandal, e Eduardo Novelle Pereira.

As rotondas nas que van intervir os traballadores de Aceesca Emprego son propiedade do Concello de Mos e están situadas en tres zonas diferentes do Polígono de A Veigadaña: o Campo de Fútbol das Baloutas, o acceso ao polígono; e unha terceira rotonda existente no parque empresarial.

Segundo explicou a rexedora local mosense, “o fin deste convenio de colaboración é a remodelación, embelecemento e axardinamento das tres rotondas, e non simples tarefas de limpeza ou mantemento. Todas as partes asinantes entendemos a necesidade de redobrar esforzos por mellorar a imaxe do Parque Empresarial de Mos, como un dos polígonos máis estratéxicos da provincia de Pontevedra”. Declarou.

E para acadar dito obxectivo plantéxanse diferentes intervencións a realizar en cada unha das rotondas. Na rotonda próxima ao campo de fútbol levaranse a cabo labores de acondicionamento mediante sementa de céspede na metade da rotonda e colocación de pedra branca na outra metade. Na zona de céspede deseñaranse 3 parterres coa colocación de roseiras ananas.

Para elo realizaranse tarefas de desherbado e aplicación de herbicida, colocación de malla anti herbas, cunha superficie total de aproximadamente 150 metros cadrados, que será achegada polo Concello de Mos; colocación da pedra branca proporcionada polo Concello de Mos para cubrir a metade da superficie da rotonda; instalación de sistema de rego dotado de 1 programador ou 3 aspersores e material diverso; plantación de roseiras ananas nos parterres que se crearán na zona de céspede; e man de obra necesaria para a realización dos traballos.

Na rotonda de acceso ao polígono faranse traballos de limpeza da rotonda, retirando todos os restos vexetais existentes entre a pedra que cobre a rotonda, instalación de sistema de rego con 1 programador ou 3 aspersores e material diverso; colocación de planta ornamental de diferentes especies, tales como: Abelia, Cotoneaster, Romeu Rastrero, Nandina, Photinia, Photinia Nana, Loropetalum ata un total de 60 unidades, e a man de obra necesaria para a realización dos traballos.

E por último, na terceira rotonda efectuaranse fundantalmente tarefas de limpeza.

8 de febreiro de 2017 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.