publicidade hoxe

Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro pecharanse mañá debido á alerta laranxa por fortes ventos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora de mañá, 2 de febreiro, pecharanse ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá, ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para a xornada de mañá e pasado.

As rachas máximas de vento poderán superar os 110 quilómetros por hora. Está previsto que o peche dos parques se manteña o venres, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

1 de febreiro de 2017 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.