publicidade hoxe

O Servizo de Costas abre o prazo de solicitude de concesións para quioscos e servizos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Servizo de Costas do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de abrir o prazo de solicitude de concesións para a explotación de servizos nas praias durante a temporada de verán. Os hostaleiros ou empresarios interesados en instalar quioscos expedidores de bebidas e xeados, terrazas, tumbonas, parasois, pedaletas ou demais servizos nos areais do municipio dispoñen de prazo ata o día 31 de marzo para presentar as correspondentes solicitudes no Concello.

A explotación deste tipo de servizos de temporada nas praias realízase mediante o sistema de concesión outorgada por Costas do Estado con un período de validez do 1 de maio ata o 31 de outubro de 2017. Excepcionalmente, este prazo poderá prorrogarse.

Aínda que a competencia é do organismo estatal, as solicitudes tramítanse a través do Concello. Xunto a solicitude debe incluíu unha serie de información como, entre outras cousas, a proposta da zona pechada a ocupar indicando os metros cadrados de superficie (cun máximo de 20 metros cadrados). No caso das terrazas abertas, debe sinalarse ademais o número de mesas e cadeiras tendo en conta que non se poderán exceder os 50 metros cadrados. Ademais, establécese que os servizos de temporada da mesma natureza deben estar distanciados entre si 100 metros como mínimo.

Tamén deberá axuntarse á solicitude un plano de emprazamento a escala da liña de deslinde do dominio público marítimo-terrestre, un croquis das instalacións e servizos de abastecemento, saneamento e electricidade e , de ser o caso, os demais documentos que sexan requiridos polo Concello ou a Consellería de Medio Ambiente no caso de tratarse dun espazo natural protexido.

O prezo a abonar a costas pola instalación de servizos de temporada nas praias é de 25 euros por metro cadrado de ocupación.

2 de febreiro de 2017 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.