publicidade hoxe

O Secretario Xeral de Cultura perfila en Mos a inversión autonómica no municipio para este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, reuníronse esta mañá no Salón de Sesións do Concello co Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para abordar o tema do convenio de colaboración coa Fundación Pazo de Mos de cara ao presente ano 2017.

Para a inclusión no devandito convenio as representantes municipais trasladáronlle a Lorenzo o interese da administración local e da Fundación Pazo de Mos en diversas actuacións musicais, noutro ciclo de cine galego –xa que o do ano pasado foi todo un éxito de afluencia- , e espectáculos infantís para disfrutar en familia, así coma concertos para o III Festival Intercéltico O Son do Pazo.

Así mesmo o secretario xeral recolleu as demandas da rexedora local mosense e da edil de Cultura para elaborar un estudo das necesidades municipais en materia de cultura co obxectivo de analizar posibles axudas ás que o Concello puidera optar para a restauración de retablos, melloras no arquivo e na Biblioteca municipais, etc.

Anxo Lorenzo trasladoulles tamén a Arévalo e Cebreiro a intención do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de visitar o Concello de Mos próximamente. E por último, abordaron a repercusión a nivel cultural da mosense Mesa do Camiño que vai ser constituída en breve.

2 de febreiro de 2017 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.